Quero compartir aquí un par de exemplos do gran apoio que se lle da e as poucas trabas burocráticas que se lle pon ao asociacionismo en España:
- Solicitamos un certificado de estar inscritos no Rexistro Nacional de Asociacións para así poder obter o Certificado Dixital (obligatorio xa en moitos trámites de relación coas administracións públicas, por exemplo a solicitude dalgunhas subvencións). Taxas:11,58€ (?!!!) E tardan mes e medio en mandalo!!
- Inscrición ou alta no Rexistro de Axentes de Cooperación de Galicia ou no de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia. Taxas: 9,65 euros. Realización de modificacións de datos neses rexistros (hai que telos ao día): 4,87 euros. Isto serve para poder acceder a unha serie de subvencións para este tipo de entidades.
Non parece isto o mellor xeito de promover o asociacionismo dende as administracións públicas, pero claro, igual é que non interesa… Polo menos nos rexistros das entidades locais (concellos) de momento non nos consta que cobren (igual é porque son a administración máis cercana á cidadanía…).
La entrada Asociacionismo Marca España aparece primero en ISF.