Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras apoiadas pola Plataforma por un Nuevo Modelo Energético unen esforzos para organizar a xornada “Enerxía e Desenvolvemento sostible. A urxencia de repensar o modelo enerxético global” que se celebrará o vindeiro sábado 18 de febreiro en Vigo.
Concretamente a idea é crear un espazo de reflexión colectivo sobre o actual modelo enerxético e os seus impactos, coñecer accións que se están desenvolvemento a nivel local, nacional e internacional para, unha vez avaliado o interese que existe por cambio o actual modelo desde distintos ámbitos, identificar accións e crear vínculos para promover un grupo de traballo no noso territorio. Todo isto desenvolverase a través do seguinte programa:
Neste marco, queremos contar co máximo de perspectivas posibles que enriquezan a reflexión conxunta e a posterior xeración de alternativas. De aí que se busque a participación de persoas tanto de organizacións vinculadas ao sector da enerxía (profesoras/es da universidade e centros de formación profesional, centros tecnolóxicos, empresas, cooperativas, sociedade civil) así como persoas de organizacións relacionadas con sectores sensibles aos seus impactos (asociacións medio ambientais, terceiro sector, administracións públicas, organizacións políticas e de consumidores).
Dado que o aforo é limitado, para poder asistir á xornada será preciso inscribirse previamente no correo enerxia@amigosdaterra.net. A inscrición será por orden de recepción e pecharase o día 15 as 15:00 horas, quedando habilitada unha lista de reserva para posibles baixas.
- Cando?
SÁBADO 18 DE FEBREIRO
- Onde?
PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA
EDIFICIO CAMBÓN (3ª PLANTA)
R/ OLIVA Nº 3, – VIGO
La entrada Xornadas sobre o modelo enerxético o 18 de febreiro en Vigo aparece primero en ISF.